miércoles, 4 de noviembre de 2009

Paramos

Paramos é unha aldea moi bonita. Sitúase no norte de España, concretamente en Galicia, no Concello do Val do Dubra. En Paramos hai 3 pobos: A Igrexa, Cabada e Quintáns. Non hai moita xente, porque a xente foise vivir á cidade. Hai aproximadamente 180 persoas. Case toda a xente é maior, e a que traballa, dedícase á agricultura. Hai poucos nenos e para ir ao colexio, cóllenos o autobús que nos leva.
O clima é bastante húmido e frío, pero temos un aire moi puro que nos axuda a estar sans. Hai moitas árbores e case non hai contaminación.
O monumento máis importante é a igrexa que é románica e moita xente ven visitala e fanlle fotos.


A. B. Q. (3º de Educación Primaria)

3 comentarios:

  1. Bos días. Xa vexo que traballades moito e que ao mesmo tempo o pasades moi ben coa solta de alevíns e o samaín. Pero agora teño eu unha tarea pendente para vos. ¿Non vos parece que se en Paramos so houbera 18 veciños seríamos moi poucos? Supoño que vos comestes un 0. ¿Saberedes buscar o número exacto de veciños? Eu tamén o intentarei.
    Biquiños para todos e xa falaremos ou escribiremos.

    ResponderEliminar
  2. Bos días. Xa vexo que traballades moito e que o pasades moi ben no samaín e na solta de alevíns. Agora vouvos poñer unha tarea. No texto que escribistes sobre Paramos hai un erro. ¿Sabedes cal? Espero que a próxima vez que entre estea corrixido.
    Biquiños para todos.

    ResponderEliminar
  3. Xa vexo que traballades moito e que o pasades moi ben co samain e coa solta de alevins. Pero agora vouvos facer traballar eu. No texto que escribiste sobre Paramos hai un erro. ¿Sabes cal?

    Encarna

    Un saudo, bichos

    ResponderEliminar