miércoles, 4 de noviembre de 2009

O Samaín

O venres 30 de outubro fixemos o Samaín. Había dous obradoiros. O primeiro era de maquillaxe, e o segundo, de decorar cabazas. Tamén había un xogo de pistas.
Decorei a cabaza con serpentinas que eran o pelo, lazos, unha pajarita e bigote con cellas e quedou moi chula. Eu maquilleime de vampira, outros de batman con un morcego na cara, outros de bruxas e de cabazas.
E o xogo de pistas era encontrar 3 pistas, despois unilas formando un texto. Cun espello líanse as letras ao revés e despois tivemos que encontrar o tesouro. Paseino moi ben.

Por P. G. E. (alumna de 4º de Educación Primaria)

1 comentario:

  1. Ola!
    Acabo de descubrir o voso blog e gústame moito. Espero que nos contedes de que vos disfrazades e como é o entroido en Portomouro.
    Un saúdo

    ResponderEliminar